martes, 1 de abril de 2014

Vivamos AMÉRICA. Visitamos...PERÚ

Tan ben nos vai por estes lares americanos que decidimos viaxar un pouquiño máis cara ó SUR e chegar ata un país moi fermoso que ten altísimas montañas, praias preciosas, grandes desertos, lagos xigantes...PERÚ
Preme na bandeira: un crebacabezas de 6 pezas estate agardando.
A nosa amiga MADLENKA coñece a un EDUARDO, o froiteiro amable, que é deste pais:



 PERÚ está moi lonxe, máis lonxe aínda que EEUU. Se queres visitalo connosco dende aquí terás que seguir este mapa. 
Preme no mapa: tamén ten un crebacabezas de 6 pezas .

Non ten perda, ¿verdade?
E sí moitas cousas que merecen ser vistas. Aínda que nós só visitaremos as que se ven nestoutro mapa:



Agora que xa sabes un pouquiño deste pais.
¿Que che parece se lle facemos unha visita inolvidable? Adiante, imos de paseo...coñeceremos PERÚ



Se visitas  PERÚ   precisas coñecer a súa moeda: son os NOVOS SOLES, ¿a que é un nome chulo para os cartos?


Unha curiosidade: aínda que a cara de diante representa a persoas peruanas famosas a parte de atrás leva animais que viven neste pais.
  PERÚ  é un país MEGADIVERSO



Estes billetes amosóunolos LÍA, que e unha veterinaria moi noviña e animadíiisima que veu polas escolas a contarnos moitas cousas da súa viaxe por estas terras ( e por outras tamén ). Pero xa vos contaremos máis cousas dela no blogue de Tics.
Seguro que nos blogues das escolas tamén a veredes.
¡¡Grazas, Lía!!


En  PERÚ , ademáis, falan en castelán aínda que cun aceno diferente ao noso, máis suave e con máis letras "eses" que lle dan ese son paseniño tan agradable. 
¿Queres escoitalo?


Si que resulta chulo, non sí? 

A capital do  PERÚ chámase LIMA :


E é unha cidade ben fermosa, coa súa praza de Armas, o museo, o circuito máxico da auga...


Pero xa che contamos que PERÚ ten moitísimo máis, espera a ver se che gusta esto...



Isto tan espectacular é o MACHU PICCHU, que quere dicir "Montaña Vella", pero xa cho explican dende a propia páxina do oficial de PERÚ premendo nas letras azuis...
Pronto no blogue da Biblioteca teremos o conto da lenda de MACHU PICCHU.
Namentres...¿Qué tal se a vemos dende o alto? 
A vista de paxaro, como se soe dicir...


¿Queres pintar esta fermosísima maravilla do mundo? 

Adiante, preme na imaxe:

ou nestoutra:



Non se sabe cento por cento o que foi esta construcción fabulosa dos antigos Incas, pero sí que nela vivíu un guerreiro moi inquedo, o famoso PACHACUTI.

Os antigos Incas disque lles gustaba moito pelexar e non tiñan moita compaixon polos seus inimigos, e PACHACUTI era un dos máis guerrilleiros. Menos mal que atopamos esta canción en inglés na que dan unha imaxe máis divertida del:



Outro emperador moi coñecido foi CUZCO, que seguro lembras dunha película de Disney. Se non o coñeces, podes velo nestes vídeos.



¿Qué che parece se xogas un anaquiño e o axudas a gañar unha carreira antes de seguir lendo?

Ah, pero antes non esquezas colorealo, ¿vale?





MACHU PICCHU,estivo perdida durante centos de anos, e sempre hai lendas sobre cidades perdidas en Perú. Así que dende España mandamos ao noso explorador estrela, Tadeo Jones, buscalas.
 Bueno, máis ou menos...
Preme na imaxe e entra no mundo dos exploradores para xogar e desfrutar.

Antes de sair desta entrada, lembrámoste que en breve verás máis cousas sobre  nos blogues do CRA: viaxaras ata o deserto de NAZCA no PINTUREIRO e ata o lago TITICACA no TICS do CRA e nos das escolas e especialidades tamén.
E non esquezas facer alguns dos traballiños que che propoñemos: