Tan ben nos vai por estes lares americanos que decidimos viaxar un pouquiño máis cara ó SUR e chegar ata un país moi fermoso que ten altísimas montañas, praias preciosas, grandes desertos, lagos xigantes...PERÚ
Preme na bandeira: un crebacabezas de 6 pezas estate agardando.
A nosa amiga MADLENKA coñece a un EDUARDO, o froiteiro amable, que é deste pais:
PERÚ está moi lonxe, máis lonxe aínda que EEUU. Se queres visitalo connosco dende aquí terás que seguir este mapa.
Preme no mapa: tamén ten un crebacabezas de 6 pezas .
Preme no mapa: tamén ten un crebacabezas de 6 pezas .
Non ten perda, ¿verdade?
E sí moitas cousas que merecen ser vistas. Aínda que nós só visitaremos as que se ven nestoutro mapa:
Agora que xa sabes un pouquiño deste pais.
¿Que che parece se lle facemos unha visita inolvidable? Adiante, imos de paseo...coñeceremos PERÚ
¿Que che parece se lle facemos unha visita inolvidable? Adiante, imos de paseo...coñeceremos PERÚ
Se visitas PERÚ precisas coñecer a súa moeda: son os NOVOS SOLES, ¿a que é un nome chulo para os cartos?
Unha curiosidade: aínda que a cara de diante representa a persoas peruanas famosas a parte de atrás leva animais que viven neste pais.
PERÚ é un país MEGADIVERSO
Estes billetes amosóunolos LÍA, que e unha veterinaria moi noviña e animadíiisima que veu polas escolas a contarnos moitas cousas da súa viaxe por estas terras ( e por outras tamén ). Pero xa vos contaremos máis cousas dela no blogue de Tics.
Seguro que nos blogues das escolas tamén a veredes.
¡¡Grazas, Lía!!
En PERÚ , ademáis, falan en castelán aínda que cun aceno diferente ao noso, máis suave e con máis letras "eses" que lle dan ese son paseniño tan agradable.
¿Queres escoitalo?
Si que resulta chulo, non sí?
E é unha cidade ben fermosa, coa súa praza de Armas, o museo, o circuito máxico da auga...
Isto tan espectacular é o MACHU PICCHU, que quere dicir "Montaña Vella", pero xa cho explican dende a propia páxina do oficial de PERÚ premendo nas letras azuis...
Pronto no blogue da Biblioteca teremos o conto da lenda de MACHU PICCHU.
Namentres...¿Qué tal se a vemos dende o alto?
A vista de paxaro, como se soe dicir...
¿Queres pintar esta fermosísima maravilla do mundo?
Adiante, preme na imaxe:
ou nestoutra:
Non se sabe cento por cento o que foi esta construcción fabulosa dos antigos Incas, pero sí que nela vivíu un guerreiro moi inquedo, o famoso PACHACUTI.
Os antigos Incas disque lles gustaba moito pelexar e non tiñan moita compaixon polos seus inimigos, e PACHACUTI era un dos máis guerrilleiros. Menos mal que atopamos esta canción en inglés na que dan unha imaxe máis divertida del:
Outro emperador moi coñecido foi CUZCO, que seguro lembras dunha película de Disney. Se non o coñeces, podes velo nestes vídeos.
¿Qué che parece se xogas un anaquiño e o axudas a gañar unha carreira antes de seguir lendo?
Ah, pero antes non esquezas colorealo, ¿vale?
MACHU PICCHU,estivo perdida durante centos de anos, e sempre hai lendas sobre cidades perdidas en Perú. Así que dende España mandamos ao noso explorador estrela, Tadeo Jones, buscalas.
Bueno, máis ou menos...
Preme na imaxe e entra no mundo dos exploradores para xogar e desfrutar.
Antes de sair desta entrada, lembrámoste que en breve verás máis cousas sobre nos blogues do CRA: viaxaras ata o deserto de NAZCA no PINTUREIRO e ata o lago TITICACA no TICS do CRA e nos das escolas e especialidades tamén.
E non esquezas facer alguns dos traballiños que che propoñemos:
Encantannos este blog!!! Esta sempre moi completo e hai moita informacion sobre os paises. Fixamonnos en que é un traballo estupendo e nunca tes comentarios aunque e un traballo brillante!!! Aqui tes o noso comentario e os nosos parabens!!!! Sege traballando así de ben!!!
ResponderEliminarEnhorabuena Silvia por este estupendisimo proyecto a estela le encanta y como a ella supongo q a todos es una pasada aprender divirtiéndose . 😘😘😘
ResponderEliminarEnhorabuena Silvia por este estupendisimo proyecto a estela le encanta y como a ella supongo q a todos es una pasada aprender divirtiéndose . 😘😘😘
ResponderEliminar