Mostrando entradas con la etiqueta FRANCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FRANCIA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de junio de 2014

TEÑO MORRIÑA, TEÑO SAUDADE...Voltamos a casa.

Dous anos viaxando polo mundo e aprendendo outros costumes, tradicións, linguaxes, culturas, aprendendo a respetar e comprender as diferencias e a ser tolerante ...
Pero xa din os nosos maiores:
"Como na casa non se está en ningures" 
Por iso xa estamos de volta...


Foi unha apaixoante viaxe para todos nós, nenos, profes e agardamos que familias tamén.
Para lembrar esta inesquecible estadía polo mundo enteiro fixemos este documento onde recollemos algúns dos momentos estelares da nosa aventura.
Apetéceche rememoralos connosco?


Canto nos movimos, verdade? 
Cantísimo aprendimos e rimos!!.
Non temos pena de rematar este proxecto, non.
Non penses que a nosa viaxe polo Mundo Enteiro vai rematar aquí. Novas experiencias neste noso planeta azul agardan por nós, e por tí tamén se queres acompañarnos.
 Só un tempiño de acougo e ...voltamos á aventura.
Grazas pola túa compaña, e...
 ¡¡APERTAS dende o CRA de BERGONDO!!



miércoles, 17 de octubre de 2012

A PANADERÍA DE GASTÓN. Visitamos...Francia.

Con MADLENKA visitando a Gastón, o panadeiro, chegamos a FRANCIA.
Ésta é a súa bandeira, e agochado dentro hai un puzzle por se o queres resolver.


En Francia hablan o FRANCÉS, que é moi divertido de escoitar. Seguro que lembras a Gaston saúdando a MADLENKA cun 
"Bonjour, Madeleine".
Escóitao neste vídeo:




Viaxando fanse amigos, e aquí vos presento a RATOUNET que nos quere aprender a saudar. 


Temos moitos sons semellantes aos franceses. Podes comprobalo ollando o vídeo do abecedario. Presta atención ás palabras que dín, é moi divertido.


Neste outro abecedario podes xogar coas letras...



Se queres aprender palabriñas en Francés neste castelo atoparás moitísimas e moi animadas, verás...


Na páxina de poisson rouge atoparás tamén unha chea de cancións coas que xogar e interactuar:


 Dirixe tí o coro desta coñecida canción popular francesa:


Se o que che gustan son os vídeos de cancións populares aquí tes tres moi chulos...





Para traballar en formato papel temos unhas fichas  adicadas especialmente á panadería de Gaston. 
As podes imprimir se lle das ao símbolo no lateral superior dereito.