lunes, 21 de enero de 2013

A XEADERÍA de PAULO. Visitamos...Italia

 MADLENK atopa na rúa a Paulo, o seu amigo o xeadeiro Italiano. Así que a nosa visita vainos levar a descubrir a fermosísima ITALIA
A súa Bandeira tamén tres cores:
verde, branca e vermella


Poderás resolver o puzzle facendo clic na imaxe.


 ITALIA está preto de nós, tamén pertence a Europa..


Para que o aprecies mellor velahí tes este mapa:
Nós somos os de lunares e Italia ten raias.


O idioma de  ITALIA é o italiano que ten un son moi, moi divertido. ¿ Quérelo escoitar?
Vaia como adianto esta canción tan fermosa que algúns coñeceredes doutros anos no blogue de Tics.



Aquí está a letra por se a queredes cantar...


Visto no blogue de Massimo Penessi ( Gianni Rodari, el poder de la imaginación )

O alfabeto italiano é moi semellante ao noso, neste vídeo verás como se dín as letras en Italiano:



tamén podes aprender nomes de animais cos seus sons:
son moi graciosos, escoita...




Xogar coas letras sempre é divertido, e se é en Italiano máis aínda. Xa verás canto se asemella ao castelán e ao galego...


¿Queredes facer unha visita moi rápida por este pais mediterráneo?
 Pois adiante, veredes qué bonito e monumental é...


Como sempre dámoslle as grazas a MARÍA BARCO e neste caso tamén a SULEIKA polas súas maravillosas fotos.
 E tamén a Miniaturas Ramirez por nos prestar eses gladiadores cabezóns tan chulos. Están baseados nos fabulosos debuxos de 
Enrique V. Vegas.
Se queredes visitar a súa páxina picade no debuxo.
De gladiadores romanos vai esta serie, chamada Academia de Gladiadores.


Aquí temos unha pequena recreación histórica do mundo dos gladiadores. Tamén ten un xogo ao final da animación que é estupenda...



Xa viches ao soldados romanos, qué forma tan curiosa tiñan de prepararse para a loita. No seguinte vídeo podes ver unhas das súas técnicas que mesmo semellan bailes.




Se aínda tes ganas de seguir xogando pódeste apuntar á Maratón de Gladiadores, ¿anímaste?


Dentro das cidades romanas da antigüedade a vida era casi, casi así...



Amig@s, se queres ter un casco como o deste CENTURIÓN romano podelo facer seguindo estas instruccións.
Se queres velo na páxina orixinal preme na imaxe


Mais non todo vai ser historia do imperio romano: xa sabes que no PINTUREIRO podes atopar arte de ITALIA e no blogue de TICS nesta volta atoparás xogos de cociña e máis cousas sobre o pais da bota. E en todos os demáis blogues do CRA de seguro que atopas cousas interesantísimas.

Antes da despedida lembrar que ITALIA e o pais de grandes músicos e da OPERA, un dos xéneros musicais máis apaixoantes, xa que nel mézclanse o teatro e a música.
Algunhas óperas moi chulas feitas como contos están neste enlace.


E aquí tedes un compositor italiano que fixo óperas moi divertidas e ademáis foi un grande cociñeiro. Descobre cousas sobre él neste gloster collido do blogue Ssissimonea. Atoparás puzzles, vídeos, sorpresas e receitas.
Se queres velo máis grande preme baixo a palabra Glogster, onde pon VIEW FULL SIZE ou enriba da bandeira de Italia pendurada á dereita.

A DIVERTIRSE
¡¡¡¡ARRIVEDERCI!!!!