Mostrando entradas con la etiqueta VÍDEOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VÍDEOS. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de marzo de 2015

VENTO en POPA!!

Vento en popa a toda vela... que dicía o poema... Así partimos cara ao GRAN SOL.
Queres ver onde se atopa e que e iso?
Pois mira neste mapa e preme nel para resolver o crebacabezas...

 Podes ver que está bordeando as costas do Reino Unido, de seguro que che apetece visitalo a través do blogue CRA in English, onde atoparás vocabulario e recursos moi mariñeiros.
O GRAN SOL e un caladoiro no que se adoitaba a capturar enormes peixes.
Por que pensas que se chama deste xeito?
Será porque nesas augas luce moito o sol?
 Non, non é que por aló alumée moito o soliño, senon que nel se capturan grandes linguados, que en francés se chaman Solé, case como en inglés.

 Se premes no botón dereito e lle das a "gardar imaxe" podes gardala e imprimila.

O linguado é un peixe moi especial, pertence a unha familia moi curiosa.
 Olla seus ollos: que teñen de rechamante?
Si, claro: os dous están no mesmo lado!!


(Lenguado. Foto Familia Rodríguez Pecero. Flickr. Licencia CC)

Pero iso non sempre é así: nacen cun ollo a cada lado como os demáis peixes, pero observa que cousa curiosa  lles ocorre co tempo...


Por que será iso de ter os dous ollos enriba?
 Por que o ollo esquerdo sube cara a dereita?

Unha pista
linguado adoita estar moito tempo agochado na area do fondo, agardando polas súas presas...
Claro, para que ía querer o linguado o ollo esquerdo tooodo o tempo enterrado na area??
 Precisa dos dous enriba para velo todo mellor!!
Aquí podes ver ao seu curmán, o rodaballo, nadado polo fondo mariño. Xa verás que curioso nada...



 O linguado é un peixe plano ou pleuronectiforme (pleuro significa de lado e nekta significa nadar) Eso quere dicir que nada de lado. Vive no chan areento  tumbadiño e camuflado entre os grans de area cazando e comendo peixes pequenos, crustáceos e outros animaliños que viven preto do fondo.
 Que tal se facemos unha paradiña e xogamos nós coa area? De seguro que na praia o fas moitas veces, pero, tamén na internet?
Proba, verás que divertido será encher a túa pantalla de area de cores e non ter que limpala despois!!!
Despos deste descansiño, seguimos a navegar, ainda que as augas  non sempre son mansas.
Os mariñeiros ás veces teñen que faenar ( traballar e pescar) en condicións de tempo moi malas, por iso debemos respectar moito o seu traballo.

Queres ver cómo se capturan os linguados  no mesmiño fondo do mar? pois imos mergullarnos na profundidade das augas de Lerwick, Illas Shetland, que nos quedan de camiño para o noso seguinte caladoiro:
Presta moita atención: mira e escoita o fondo do mar.
Para saber máis cousas sobre este peixe entra na páxina que  atopamos no Ministerio de Agricultura, alimentación y Medioambiente;


Mais non se poden capturar peixes de calquera tamaño, teñen que ter unha lonxitude mínima, é dicir, teñen que ser xa algo grandiños. disto saben moito no SON do CRA.
Para aprender moitas cousas sobre eles: tamaños, características, xogos, receitas, concursos... podes facerte deste clube do Ministerio de Agricultura, alimentación y Medioambiente
o CLUBE PEZQUEÑINES
Só tes que premer na imaxe para entrar na páxina:
E imos rematar como comezamos:
"Vento en popa a toda vela..." como dixo José de Espronceda.
Se queres aprender o poema ou alomenos lembralo olla este vídeo:
   
E para ir amodiño...


Colorealo tamén é boa idea
Agardamos que vos gustase...
VÉMONOS, PIRATAS...

domingo, 12 de octubre de 2014

A CORUÑA...UNHA CIDADE NA BEIRA DO MUNDO.

A viaxar, a eso imos. Pero para ir nun gran barco precisamos saír dun gran porto, verdade? Pois o porto máis grande dende o que poder zarpar o ten a nosa cidade favorita, que é:
 Este é o seu escudo:
Se queres facer o puzzle preme na imaxe...
Por se non sabes aínda moi ben onde estamos, olla este supermapa. Aquí, na esquina do mundo, na puntiña de Europa, na beira de España e no recanto de fora de Galicia estamos nós.
A Cidade de A CORUÑA ten moitísimas cousas que ver antes de nos embarcar cara a  aventura polos mares. Cousas que seguro que che apetece saber...
Unha cidade tan bonita como esta ten que ter alomenos un castelo. Pois, claro que o temos, o CASTELO de SANTO ANTÓN,  que agora é un Museo Arqueolóxico, foi moi importante para defender a Coruña de todas as ameazas.

Algunhas destas fotos foron realizadas por Juan José Rocha Carro,veciño de Abegondo, a quen lle agradecemos a súa colaboración. Podedes velas no seu formato orixinal premendo no seu nome.
 A mascota do Turismo coruñés, Catuxa, posa co Castelo ao fondo.
( Fai un crebacabezas de 10 pezas?)
Estas ilustracións de Catuxa tan chulas elas, son dun ilustrador que vive na Coruña, Santy Gutierrez, que non só debuxa cousas estupendas, senon que da cursos e talleres en diversas bibliotecas. Preme na imaxe para visitar o seu blogue.

O Casa do Concello de A CORUÑA está no medio da Plaza de María Pita. É un edificio fermosísimo cunha estatua da heroina da nosa cidade.
Preme na postal e levarate a un novo crebacabezas de 6 pezas.
Preto da praza do concello está a fermosísima MARIÑA. Á cidade se lle coñece como a "Cidade de Cristal" pola cantidade de fermosas casas que, cheas de vidros, ás veces transparentes, ás veces de cores, ollan cara o mar.
As fotos foron realizadas por Sonia García, profesora tamén, a quen lle agradecemos moitísimo a súa colaboración. Podedes velas no seu formato orixinal nun dos seus blogues:"Eira de pedra", ainda que ten máis adicados á nosa cultura. 

Tamén aquí podes ver a Catuxa pola cidade e cun crebacabezas agochado de 10 pezas, por se tes tempo...
Apetéceche colorear unha vidriera como as das galerías? Quedarate moi chulo, seguro.




A pouca distancia destas fermosas casa atopamos un símbolo moi importante da cidade: todo coruñés citouse algunha vez con alguén no OBELISCO

  Esta columna commemorativa dun antigo político, Aureliano Linares Rivas, ten un reloxo no seu remate e varios aparellos meteorolóxicos na súa punta.   O que indica a dirección do vento ten forma de barco, que axeitado para nós!

Catuxa tamén goza ao seu xeito gatuno, do OBELISCO e leva, como verás, outro crebacabezas de 8 pezas agochado.

Igual aínda eres pequen@ de máis para aprender as horas, pero non para xogar con elas. 
Anímaste a intentalo con estes xogos?


Recursos atopados na páxina do CEIP Curros Enríquez de Celanova
Que tal se che deu? Agora anímate a construir ti un. É sinxelo pero hay que estar atent@ á orde das pezas.
A cidade ten unha forma superespecial: uns din semella un galo, outros a un dragón... e a tí a que che recorda? Para coñecela cidade precisamos de un mapa, nel podes ver que A CORUÑA ten é mar polo seu arredor.
Seguro que recoñeces a figura que sae de dentro do plano: Claro é a TORRE de HÉRCULES, símbolo da cidade e mesmo aparece no seu escudo.
Podes vela neste mapa: 


Ver PLANO LA CORUÑA en un mapa más grande

A TORRE de HÉRCULES é un FARO. Pero un faro romano, e é o único do mundo que está en funcionamento. É tan especial que o nomearon PATRIMONIO da HUMANIDADE  no ano 2009.
A historia da TORRE é cáseque como un conto, se queres podes velo neste vídeo:

Así que agora xa sabemos quen está baixo a 
TORRE de HÉRCULES  
FARO da TORRE ten unha luz moi, moi potente que chega co seu facho a moitos quilómetros de distancia e fai aviso aos navegantes de que se están aproximando á costa...
Queres facer unha visita virtual pola mesmísima Torre? Preme na imaxe de abaixo e verás qué marabilla temos aquí, ao lado da casiña...
E na Universidade da Coruña, os enxeñeiros de camiños, fixeron un exercicio de realidade virtual baseándose nela, anímaste a velo?

Podemos visitalo tamén dende o aire, neste vídeo tan feitiño que atopamos na internet.

Antes de descansar un pouquiño a vista, imos dar unha voltiña polos arredores. Quedarás abraiad@ das esculturas tan variadas e fermosas que a arrodean.Ten un PARQUE ESCULTÓRICO enooorme. 


 Se queres saber algo máis sobre elas recomendámosche visitar o blogue PINTUREIRO.

Seguro que despois de tanto visitar A CORUÑA xa te sentes coma na túa casa, por  algo á Coruña se lle di que é a cidade na que ninguén é forasteiro.  É que na CORUÑA hai casas para todos: para o home, os peixes, a ciencia... 


Pero delas falarémoste na seguinte entrada. 
Agardámoste!!

martes, 28 de enero de 2014

Vivamos AMÉRICA. Visitamos...EEUU

Con MADLENKA non paramos, xa estamos viaxando de novo. Nesta ocasión temos que percorrer un longo camiño cara o oeste, sabedes cara onde? Cara os EEUU.

Xa sabes que se premes na imaxe poderás facer o crebacabezas.

Por si xa tes gañas de pintar a súa bandeira...



Esta bandeira representa aos
ESTADOS UNIDOS de Norteamérica.
 Na sua bandeira teñen 7 liñas vermellas e 6 brancas que simbolizan os estados que se levantaron para crear o novo país. Tamén ten 50 estrelas, que xa son unha boa cantidade delas. As estrelas representan cada un dos 50 estados que forman ese enorme pais.

Se premes na imaxe poderás facer o crebacabezas de 6 pezas.

Como é posible que non saibamos onde está EEUU ou como lle dín eles USA ( United States of America) imos localizalo no mapa e marcarlle o camiño dende Bergondo, así non nos perderemos.

Premendo na imaxe poderás facer o crebacabezas. 

Os ESTADOS UNIDOS teñen dous veciños  moi importantes: Canadá e México
Entre os tres ocupan todo o Norte de América:


En  EEUU falan en inglés, pero cun aceno diferente ao que falan no Reino Unido. 
A súa moeda é o DOLAR AMERICANO e o seu símbolo $



Para chegar ata EEUU é preciso ir polo aire ou por mar. Dende onde nos estamos chegaremos antes ata a súa costa leste.
Alí está NOVA YORK, unha cidade enoooorme e superespecial. 
Ten monumentos tan chulos como a Estatua da Liberdade: que o pobo de Francia regalou ao pobo americano. É obra de Frederic-Auguste Bartholdi.



Ou este que simboliza a PAZ: e que o escultor sueco Carl F. Reustersward realizou en memoria do cantante Jonh Lennon.


Ou a estatua de ATLAS 
suxeitando o mundo diante do Rockefeller Center. Realizada por Lee Lawrie.

De NOVA YORK impresionan os seus incribles rañaceos (rascacielos en castellano ou skycraper in english)
e moitos edificios característicos desta cidade.


A NOVA YORK ten un alcume moi natural.¿Sabes como a chaman? A GRAN MAZÁ.


A chaman así por que os músicos de Jazz nos anos 30, dicían que na árbore do éxito había moitas mazás,
 pero sólo unha era a gran mazá: NOVA YORK, que era o maior centro de cultura e festas nese momento. Porén tamén dicían dela que era a cidade que nunca durme. Sempre hai unha troula que correr...


¿Queres ver un vídeo desta estupenda cidade?
Pois, adiante. Está feito dende o CRA con imaxes collidas na Internet. 
Logo che contaremos máis cousas dela...




O Aeroporto chámase  AEROPORTO JFK ( John Fitzgerald Kennedy)  na honra dun presidente que se chamaba así.




         Os taxis en NOVA YORK teñen unha cor moi rechamante como xa viches, é amarela ou yellow como lle din eles. 
          Por iso os chaman os YELLOW CAB:

    Antes de rematar esta pequena introdución á cidade dos rañaceos de seguro que queres xogar un pouquiño, non só nas tendas de xoguetes...            


 senón no blogue...Pois ahí van unhas actividades para facer coa Estatua da Liberdade


Un crebacabezas on line:

Cambiarlle o vestido:


Ollar como se constrúe con LEGOs


Atoparlle as letras ocultas


 ou coloreala.


 Por último podes acompañar a unha verdadeira visita a esta rapaciña que se chama Olivia...


WELCOME TO USA!!!
WELCOME TO NEW YORK!!!!