Queres ver onde se atopa e que e iso?
Pois mira neste mapa e preme nel para resolver o crebacabezas...
Podes ver que está bordeando as costas do Reino Unido, de seguro que che apetece visitalo a través do blogue CRA in English, onde atoparás vocabulario e recursos moi mariñeiros.
Por que pensas que se chama deste xeito?
Será porque nesas augas luce moito o sol?
Será porque nesas augas luce moito o sol?
Non, non é que por aló alumée moito o soliño, senon que nel se capturan grandes linguados, que en francés se chaman Solé, case como en inglés.
Se premes no botón dereito e lle das a "gardar imaxe" podes gardala e imprimila.
O linguado é un peixe moi especial, pertence a unha familia moi curiosa.
Olla seus ollos: que teñen de rechamante?
Si, claro: os dous están no mesmo lado!!
(Lenguado. Foto Familia Rodríguez Pecero. Flickr. Licencia CC)
(Lenguado. Foto Familia Rodríguez Pecero. Flickr. Licencia CC)
Pero iso non sempre é así: nacen cun ollo a cada lado como os demáis peixes, pero observa que cousa curiosa lles ocorre co tempo...
Por que será iso de ter os dous ollos enriba?
Por que o ollo esquerdo sube cara a dereita?
Unha pista:
o linguado adoita estar moito tempo agochado na area do fondo, agardando polas súas presas...
o linguado adoita estar moito tempo agochado na area do fondo, agardando polas súas presas...
Precisa dos dous enriba para velo todo mellor!!
Aquí podes ver ao seu curmán, o rodaballo, nadado polo fondo mariño. Xa verás que curioso nada...
O linguado é un peixe plano ou pleuronectiforme (pleuro significa de lado e nekta significa nadar) Eso quere dicir que nada de lado. Vive no chan areento tumbadiño e camuflado entre os grans de area cazando e comendo peixes pequenos, crustáceos e outros animaliños que viven preto do fondo.
Que tal se facemos unha paradiña e xogamos nós coa area? De seguro que na praia o fas moitas veces, pero, tamén na internet?

Proba, verás que divertido será encher a túa pantalla de area de cores e non ter que limpala despois!!!
Despos deste descansiño, seguimos a navegar, ainda que as augas non sempre son mansas.
Os mariñeiros ás veces teñen que faenar ( traballar e pescar) en condicións de tempo moi malas, por iso debemos respectar moito o seu traballo.
Os mariñeiros ás veces teñen que faenar ( traballar e pescar) en condicións de tempo moi malas, por iso debemos respectar moito o seu traballo.
Queres ver cómo se capturan os linguados no mesmiño fondo do mar? pois imos mergullarnos na profundidade das augas de Lerwick, Illas Shetland, que nos quedan de camiño para o noso seguinte caladoiro:
Presta moita atención: mira e escoita o fondo do mar.
Para saber máis cousas sobre este peixe entra na páxina que atopamos no Ministerio de Agricultura, alimentación y Medioambiente;
Mais non se poden capturar peixes de calquera tamaño, teñen que ter unha lonxitude mínima, é dicir, teñen que ser xa algo grandiños. disto saben moito no SON do CRA.
Para aprender moitas cousas sobre eles: tamaños, características, xogos, receitas, concursos... podes facerte deste clube do Ministerio de Agricultura, alimentación y Medioambiente;
o CLUBE PEZQUEÑINES
Só tes que premer na imaxe para entrar na páxina:
E imos rematar como comezamos:
"Vento en popa a toda vela..." como dixo José de Espronceda.
Se queres aprender o poema ou alomenos lembralo olla este vídeo:

E para ir amodiño...
Visto en música, poesía y mar!!
Colorealo tamén é boa idea
Agardamos que vos gustase...
VÉMONOS, PIRATAS...
No hay comentarios:
Publicar un comentario