Mostrando entradas con la etiqueta SALVAR EL PLANETA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SALVAR EL PLANETA. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de marzo de 2020

EN GALEGO CHO PIDO: QUEDA NA CASA!!!

Estas a quedar na casa, non sí? Sabes quen nolo preguntou ademáis do Planeta? 
Pois DALMAUS mesmo!!
 Agora che contamos. A ver se notas a diferencia coa entrada pasada..




Non o ves? Claro que sí!! Está en GALEGO!!
O caso foi que nos puxemos en contacto co ilustrador e creador do conto para lle pedir permiso para poñelo no noso blogue. É  o que se chama "respectar os dereitos de autor". Ofrecímonos a traducilo ao galego pero xa estaban mans á obra e..  non so nos deu permiso, senon que nos enviou a versión en galego!!!!
Quérelo ver outra vez en movemento?



Se queres velo en estático aquí o volvemos subir...






LEMBRA
MOITO OLLO!!
 As seguintes páxinas son só para cando toda esta leria pase NON FAGAMOS TRAMPAS...😇



Xa sabedes que conto está preparado para descargar, imprimir e colorear na casa.
 Podes leelo aquí e descargalo PDF aquí mesmo ou na web do autor , xa que é de balde.
GRAZAS infinitas a xente que colabora para facernos sacar un sorriso e ademáis con tantísima arte.
Mil grazas por todo Dalmaus!!


FORZA 🌈💪!!

miércoles, 18 de marzo de 2020

O PLANETA NECESITA QUE QUEDES NA CASA!!

Este mundo enteiro necesita de nós unha misión importantísima.
Seguramente a máis importante das que fixeches ata o de agora.
TES QUE QUEDAR NA CASA para salvarnos a tod@s!! 
Sí, como fan as SUPERHEROINAS e os SUPERHEROIS!!


Esta historia tan chula e ben ilustrada está feita toooda por DALMAUS que é un ilustrador e debuxante a tempo libre de Barcelona e o fai xenial!!
Podes velo así ou premer no medio da icona para abrilo en grande no ISSUU.

Pois agora que tes tempo, tomao con calma, e lee de novo este conto solidario que comeza así:



MOITO OLLO!!
 As seguintes páxinas son só para cando toda esta leria pase NON FAGAMOS TRAMPAS...😇


O conto está preparado para descargar, imprimir e colorear na casa.
 Podes leelo aquí e descargalo PDF aquí mesmo ou na web do autor , xa que é de balde.
GRAZAS infinitas a xente que colabora para facernos sacar un sorriso ce con tanto arte.
 Grazas, Dalmaus!!