domingo, 12 de octubre de 2014

A CORUÑA...UNHA CIDADE NA BEIRA DO MUNDO.

A viaxar, a eso imos. Pero para ir nun gran barco precisamos saír dun gran porto, verdade? Pois o porto máis grande dende o que poder zarpar o ten a nosa cidade favorita, que é:
 Este é o seu escudo:
Se queres facer o puzzle preme na imaxe...
Por se non sabes aínda moi ben onde estamos, olla este supermapa. Aquí, na esquina do mundo, na puntiña de Europa, na beira de España e no recanto de fora de Galicia estamos nós.
A Cidade de A CORUÑA ten moitísimas cousas que ver antes de nos embarcar cara a  aventura polos mares. Cousas que seguro que che apetece saber...
Unha cidade tan bonita como esta ten que ter alomenos un castelo. Pois, claro que o temos, o CASTELO de SANTO ANTÓN,  que agora é un Museo Arqueolóxico, foi moi importante para defender a Coruña de todas as ameazas.

Algunhas destas fotos foron realizadas por Juan José Rocha Carro,veciño de Abegondo, a quen lle agradecemos a súa colaboración. Podedes velas no seu formato orixinal premendo no seu nome.
 A mascota do Turismo coruñés, Catuxa, posa co Castelo ao fondo.
( Fai un crebacabezas de 10 pezas?)
Estas ilustracións de Catuxa tan chulas elas, son dun ilustrador que vive na Coruña, Santy Gutierrez, que non só debuxa cousas estupendas, senon que da cursos e talleres en diversas bibliotecas. Preme na imaxe para visitar o seu blogue.

O Casa do Concello de A CORUÑA está no medio da Plaza de María Pita. É un edificio fermosísimo cunha estatua da heroina da nosa cidade.
Preme na postal e levarate a un novo crebacabezas de 6 pezas.
Preto da praza do concello está a fermosísima MARIÑA. Á cidade se lle coñece como a "Cidade de Cristal" pola cantidade de fermosas casas que, cheas de vidros, ás veces transparentes, ás veces de cores, ollan cara o mar.
As fotos foron realizadas por Sonia García, profesora tamén, a quen lle agradecemos moitísimo a súa colaboración. Podedes velas no seu formato orixinal nun dos seus blogues:"Eira de pedra", ainda que ten máis adicados á nosa cultura. 

Tamén aquí podes ver a Catuxa pola cidade e cun crebacabezas agochado de 10 pezas, por se tes tempo...
Apetéceche colorear unha vidriera como as das galerías? Quedarate moi chulo, seguro.




A pouca distancia destas fermosas casa atopamos un símbolo moi importante da cidade: todo coruñés citouse algunha vez con alguén no OBELISCO

  Esta columna commemorativa dun antigo político, Aureliano Linares Rivas, ten un reloxo no seu remate e varios aparellos meteorolóxicos na súa punta.   O que indica a dirección do vento ten forma de barco, que axeitado para nós!

Catuxa tamén goza ao seu xeito gatuno, do OBELISCO e leva, como verás, outro crebacabezas de 8 pezas agochado.

Igual aínda eres pequen@ de máis para aprender as horas, pero non para xogar con elas. 
Anímaste a intentalo con estes xogos?


Recursos atopados na páxina do CEIP Curros Enríquez de Celanova
Que tal se che deu? Agora anímate a construir ti un. É sinxelo pero hay que estar atent@ á orde das pezas.
A cidade ten unha forma superespecial: uns din semella un galo, outros a un dragón... e a tí a que che recorda? Para coñecela cidade precisamos de un mapa, nel podes ver que A CORUÑA ten é mar polo seu arredor.
Seguro que recoñeces a figura que sae de dentro do plano: Claro é a TORRE de HÉRCULES, símbolo da cidade e mesmo aparece no seu escudo.
Podes vela neste mapa: 


Ver PLANO LA CORUÑA en un mapa más grande

A TORRE de HÉRCULES é un FARO. Pero un faro romano, e é o único do mundo que está en funcionamento. É tan especial que o nomearon PATRIMONIO da HUMANIDADE  no ano 2009.
A historia da TORRE é cáseque como un conto, se queres podes velo neste vídeo:

Así que agora xa sabemos quen está baixo a 
TORRE de HÉRCULES  
FARO da TORRE ten unha luz moi, moi potente que chega co seu facho a moitos quilómetros de distancia e fai aviso aos navegantes de que se están aproximando á costa...
Queres facer unha visita virtual pola mesmísima Torre? Preme na imaxe de abaixo e verás qué marabilla temos aquí, ao lado da casiña...
E na Universidade da Coruña, os enxeñeiros de camiños, fixeron un exercicio de realidade virtual baseándose nela, anímaste a velo?

Podemos visitalo tamén dende o aire, neste vídeo tan feitiño que atopamos na internet.

Antes de descansar un pouquiño a vista, imos dar unha voltiña polos arredores. Quedarás abraiad@ das esculturas tan variadas e fermosas que a arrodean.Ten un PARQUE ESCULTÓRICO enooorme. 


 Se queres saber algo máis sobre elas recomendámosche visitar o blogue PINTUREIRO.

Seguro que despois de tanto visitar A CORUÑA xa te sentes coma na túa casa, por  algo á Coruña se lle di que é a cidade na que ninguén é forasteiro.  É que na CORUÑA hai casas para todos: para o home, os peixes, a ciencia... 


Pero delas falarémoste na seguinte entrada. 
Agardámoste!!

7 comentarios:

  1. Que fermosa cidade!! Vivir na Coruña que bonito é...

    ResponderEliminar
  2. Que fermosa entrada!!!!! Eu, que vivo nesta cidade, non coñecía tanta hisoria dela... Ten moita informacion e unhas imaxes moi chulas. Parabens!!!!

    ResponderEliminar
  3. Quería darte la enhorabuena por un trabajo tan completo y entretenido. La entrada es sencillamente fantástica.

    ResponderEliminar
  4. Un gusto participar coas miñas fotos da Mariña, tan lindas con olliños e sorrisos. Moitas gracias. Felicítovos polo voso traballo, fermoso e importante.

    ResponderEliminar
  5. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    Giaonhan247 chuyên dịch vụ vận chuyển hàng đi mỹ cũng như dịch vụ ship hàng mỹ từ dịch vụ nhận mua hộ hàng mỹ từ trang ebay vn cùng với dịch vụ mua hàng amazon về VN uy tín, giá rẻ.

    ResponderEliminar