viernes, 11 de octubre de 2013

Vivamos ASIA. Visitamos...XAPÓN

OLA!! 今日は KONNICHIWA!!!
Estamos encantado de voltar á blogosfera con todos vós. Nesta ocasión a nosa viaxe nos leva de visita a un pais exótico, colorido e xenial: XAPÓN.

Xa sabes que se premes na bandeira podes facer o crebacabezas ...
Queres saber cómo lle chaman os xaponeses ao seu país? Así se di Xapón en xaponésEscoita:


O Xaponés é un idioma moi distinto ao noso e soa moi divertido aos nosos oídos. Se queres saber de máis palabriñas en xaponés preme na imaxe de abaixo:


Que tal soarán os números en xaponés??
Anímaste a escoitalo?
 Seguro que os aprendes con este vídeo.



A que é divertidísimo?  
Se queres saber cómo escribir o teu nome en xaponés fai clic na imaxe. Nela pon Bergondo en caracteres nipones. A que é estupendo??


Imos ver agora algunhas cousiñas sobre este país. 
XAPÓN está formado por varias illas, unhas miles ,no Océano Pacífico. Pero destacan catro. Na súa illa principal que está moi ben aproveitada sitúase TOKIO, a capital.
Se premes na imaxe animada podes facer o crebacabezas ...

De seguro que tí xa sabes por onde está XAPÓN, verdade? Por se o esqueciches aquí che subimos un mapa que cho aclara: este sería o percorrido España-Xapón.


De todos os xeitos podes consultar máis cousas chulas sobre este país na páxina da súa
 Oficina Nacional de Turismo:
Se buscas máis información para peques, preme nestes amigos que che han contar moitísimas cousas. Están na web de XAPÓN  para nen@s



No medio e medio de XAPÓN teñen unha montaña sagrada moi, moi fermosa. Os xaponeses lle fan cancións, poesías e debuxos dende fai moitos anos. ¿ Apetéceche coñecela? 
É o monte FUJI
No blogue de PINTUREIRO poderás ver en breve algunhas dos gravados máis impresionantets da historia que teñen que ver co monte Fuji e con Xapón.
Para que o coñezas un pouco mellor fixémosche este libriño:
 
XAPÓN se lle coñece como o "País do Sol Nacente", sabes por qué?

Se premes na imaxe animada podes facer o crebacabezas ...
Sí, por que era o país que quedaba máis ao leste do mundo coñecido. Din que un día un emperador xaponés mandou unha carta ao seu veciño o emperador chinés. Como xa estaba un pouquiño farto de que se riran do pequeno que era o seu país, comezouna así:
" O Emperador do país no que nace el Sol envía unha carta ao Emperador do país no que se oculta el Sol. ¿Cómo está vostede?"
Deixaba claro que os dous paises eran da mesma importancia (para o sol, iso sí).
Recollido no blogue El Sol Naciente

Coñecer XAPÓN vai ser toda unha aventura. Vede que vídeo máis chulo de cousas fermosas deste país.



Na cultura xaponesa ( ou nipona que é como lledin el@s) os xestos son moi diferentes aos nosos. Queres probar a ver se adiviñas o seu significado? A resposta tamén ven en inglés, así que podeslle pedir axuda a un adulto se non estás coa profe COVA!!!
Pois, mente aberta e adiante!!


  Un dos persoaxes de lenda máis coñecido da historia de é MOMOTARÓ, o neno melocotón. podedes ver a súa historia nestas dúas partes:







De seguro que coñeces a Nobita e ao seu amigo Doraemon, ese que ten un peto máxico. Son tamén xaponeses. Queres velos ? Pois velaí os tes cun invitado sorpresa, quen será? 

Senta e desfruta, que é longuiño...pero divertido.



Non quererás saír da entrada sen xogar? Penso que non. Pois agora que xa sabes tanto de MOMOTARO podes axudarlle a completar a súa viaxe neste xogo de escape. 
Pídelle axuda a un adulto se tes dúbidas.
Unhas pistiñas: 
1.Aos amigos que acompañan a MOMOTARO lles encantan as galletas, para que vaian contigo tes que facer   click na bolsa que colliches na casa. 
2.Na lama tamén hai cousas agochadas.
3.O número de moedas que leva o cofre é de 549...
4. Aos monos lle encantan os plátanos
5. Hai que usar o inflador para poder utilizar a banana como transporte.


               Gustouche a visita polo XAPÓN
                          Agardamos que sí. 
 Non esquezas visitar o resto de blogues do CRA onde pronto aparecerán novidades deste país oriental...

Esta viaxe a adicamos especialmente aos nenos e nenas da clase de Dolores A, de Ferrol que son uns fieles seguidor@s, e aínda que non os coñecemos persoalmente, sempre nos alentan na nosa viaxe polo mundo. 
                 MOITAS GRAZAS por tan grata compaña !!
                           
                        MATA NE, amigos!!! 
                            (Ata logo, meus)


2 comentarios:

  1. Oh, oh!! Que alegría se van a levar os nenos ao ler a vosa cariñosa dedicatoria! Somos totalmente sinceros ao recoñecer a enorme calidade do voso traballo. Facedes un labor insuperable pola Interculturalidade. Consideramos que as diferenzas culturais son a norma e que o enfoque intercultural debe estar presente na nosa práctica educativa. Moitas grazas a "O Mundo enteiro", e a "Pintureiro". Esperamos a vosa sétima parada! Soamente vos pedimos que sigades publicando! Un Saúdo moi cariñoso e agradecido..

    ResponderEliminar
  2. En Silvoso estamos animadísimos para seguir coa nosa viaxe polo mundo, e aínda máis con esta entrada tan motivadora! Seguimos viaxando xuntoooooooos!!!!

    ResponderEliminar