Mostrando entradas con la etiqueta FICHAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FICHAS. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de marzo de 2015

2º CRALADOIRO Pesca nas Illas SVALBARD

Subindo Bergondo cara arriba, alén do Gran Sol, mesmiño xunto o polo Norte está o noso seguinte Caladoiro deste curso:
 O CRAladoiro das illas Svalbard.

Se premes no mapa levámoste cara esas friiiisimas illas do
Estas illas pertencen a un pais do norte de Europa: NORUEGA.
Preme na bandeira para facer o puzzle de 6 pezas.
Nas Svalbard atoparás paisaxes xeados case todo o ano. Son unhas illas moi fermosas  con moitas curiosidades.
Nas  Svalbard  teñen ós OSOS POLARES como símbolo. 
Se queres que estes osiños polares che leven de viaxe ata as mesmísimas illas preme sobre eles a abrígate!!!
Viven neses lares xunto con zorros árticos e renos.
Tan importantes son que un deles foi un dos  protagonistas do libro Luces do Norte de Philip Pullman 
Se lle queres botar unha ollada á peli aquí tes o trailer da mesma.
Qué fortes son os osos, verdade? Nesta minireportaxe que tamén é un trailer dun documental máis longo verás sitios nos que adoitan estar os osos polares:o Ártico.

Mais non só hai osos, como xa vimos, senon tamén paxaros como Mérgulos ou Araos
Con eles viven morsas e focas, que adoitan tumbarse nas beiras dos xeos para secarse e descansar.
Os osos cazan e comen todo tipo de animais, tamén os BACALLAUS que son os peixes que imos pescar co noso barco tan ao NORTE.
O normal é velos bacallaus no mar ou na pescadería, no supermercado, na tenda...pero a que nunca o viras na tele ou nos debuxos?
Queres escoitar a súa canción
Sí que é curioso, verdade?
E é que este peixe está moi presente nas nosas vidas, tamén na nosa línguaHai dúas referencias moi coñecidas do Bacallau que de seguro que escoitaras algunha vez:
A primeira é 
" Te conozco bacalao aunque vayas "disfrazao
Sabes por qué se dí iso?
O Bacallau pódese comer fresco ou en salgadura. Cando se salga para que dure moito tempo ten un ulido moi característico. Por iso, aínda que o tentes disfrazar ou disimular con outra olor nótase. Igual que din que se lle notan as intencións á xente que é un pouco trapalleira.
A segunda referencia é esta tan curiosa:
  " Nótase quen é o que corta o bacallau!!
Sabes de onde ven este dito?
Pos tamén do bacallau salgado. Usábase para alimentar ós traballadores de todo o mundo. 
Incluso aos de sitios tan lonxanos como os campesinos e esclavos que nas américas traballaban nos campos de algodón: facían longuísimas colas e os capataces (os que mandaban) eran os que cortaban as talladas que ían comer os peóns.
Aínda que os osos, os bacallaus e as morsas vivan nas Svalbard, de seguro que os que se van converter nos teus favoritos son uns animais que adoitan vivir nas súas xélidas augas, pero que non son peixes, senón mamíferos: 
As BALEAS.
Nas Svalbard hai varios tipos de baleas:
a balea franca glacial

que como podes ver é enoorme, 
Observa a diferenza de tamaño entre ela e o mergullador:

Son animais moi lentos e dóciles, e quedan moi pouquiños exemplares xa que son moi sinxelas de cazar. Comen copédopos, krill e larvas de percebes

 e baleas de Groenlandia
que tamén comen krill que filtran coas súas barbas.
observa o seu tamaño e comparáa co do mergullador
Que tal se salvamos unhas baleas ainda que só sexa de xeito dixital?
Podes empezar practicando a dirixilas neste xogo moi sinxelo:

Logo podes axudala a pasar mil aventuras neste xogo de niveles. 
Agárdate unha fabulosa sorpresa!!


Colorear unha balea tamén pode ser divertido, sempre que sexa ra internet e non na realidade...

Antes de partir das Illas Svalbard cara outros mares debes saber tres cousas moi curiosas sobre elas.
Olla que casiñas máis chulas teñen 

Primeira curiosidade:
Alí dende os anos trinta do século pasado está PROHIBIDO MORRER!!
 Sí, sí, e que como enterraban á xente no seo os corpos quedaban conservados como se fose crioxenizados (conxelados a temperaturas extremas).
 O caso é que tras desenterraren uns mariñeiros para dar coa vacina contra unha enfermedade moi perigosa atoparon que estaban en perfectísimo estado. E á xente se lle deu por pensar que así conservados poderían resucitar. Púxose tan de moda que xa non cabe ninguén no camposanto. 
Así que alguén se pon maliño o envían fóra das illas.
Segunda curiosidade:
Nas Svalbard están gardadas dende o ano 2008 as sementes de case todas as plantas do mundo; enterradas a 120 metros de profundidade.
 Por se acontece algunha catástrofe todas as plantas están ahí guardadas.
É a Bóveda Global de Sementes de Svalbard.


Terceira curiosidade:
Os mestres de infantil teñen que amosar un CERTIFICADO de PUNTERÍA!!
Todos os habitantes saben disparar pero os profes deben ter mellor puntería, por que?
 Porque aínda que está prohibido cazar osos, os osos non saben que non poden cazar humáns,
 así que para poder defender aos cativos dun oso malhumorado, teñen que ter bo tino.
Oxalá que non teñan que comprobalo.
O desexable, de tódolos xeitos, é convivir en paz .

Tras esta visita tan proveitosa, recollemos a capturae toda a información que pescamos e partimos rumbo ao seguinte CRAladoiro!!!
Podes facer o puzzle premendo na imaxe ou directamente abaixo.

miércoles, 11 de junio de 2014

TEÑO MORRIÑA, TEÑO SAUDADE...Voltamos a casa.

Dous anos viaxando polo mundo e aprendendo outros costumes, tradicións, linguaxes, culturas, aprendendo a respetar e comprender as diferencias e a ser tolerante ...
Pero xa din os nosos maiores:
"Como na casa non se está en ningures" 
Por iso xa estamos de volta...


Foi unha apaixoante viaxe para todos nós, nenos, profes e agardamos que familias tamén.
Para lembrar esta inesquecible estadía polo mundo enteiro fixemos este documento onde recollemos algúns dos momentos estelares da nosa aventura.
Apetéceche rememoralos connosco?


Canto nos movimos, verdade? 
Cantísimo aprendimos e rimos!!.
Non temos pena de rematar este proxecto, non.
Non penses que a nosa viaxe polo Mundo Enteiro vai rematar aquí. Novas experiencias neste noso planeta azul agardan por nós, e por tí tamén se queres acompañarnos.
 Só un tempiño de acougo e ...voltamos á aventura.
Grazas pola túa compaña, e...
 ¡¡APERTAS dende o CRA de BERGONDO!!



martes, 28 de enero de 2014

Vivamos AMÉRICA. Visitamos...EEUU

Con MADLENKA non paramos, xa estamos viaxando de novo. Nesta ocasión temos que percorrer un longo camiño cara o oeste, sabedes cara onde? Cara os EEUU.

Xa sabes que se premes na imaxe poderás facer o crebacabezas.

Por si xa tes gañas de pintar a súa bandeira...



Esta bandeira representa aos
ESTADOS UNIDOS de Norteamérica.
 Na sua bandeira teñen 7 liñas vermellas e 6 brancas que simbolizan os estados que se levantaron para crear o novo país. Tamén ten 50 estrelas, que xa son unha boa cantidade delas. As estrelas representan cada un dos 50 estados que forman ese enorme pais.

Se premes na imaxe poderás facer o crebacabezas de 6 pezas.

Como é posible que non saibamos onde está EEUU ou como lle dín eles USA ( United States of America) imos localizalo no mapa e marcarlle o camiño dende Bergondo, así non nos perderemos.

Premendo na imaxe poderás facer o crebacabezas. 

Os ESTADOS UNIDOS teñen dous veciños  moi importantes: Canadá e México
Entre os tres ocupan todo o Norte de América:


En  EEUU falan en inglés, pero cun aceno diferente ao que falan no Reino Unido. 
A súa moeda é o DOLAR AMERICANO e o seu símbolo $



Para chegar ata EEUU é preciso ir polo aire ou por mar. Dende onde nos estamos chegaremos antes ata a súa costa leste.
Alí está NOVA YORK, unha cidade enoooorme e superespecial. 
Ten monumentos tan chulos como a Estatua da Liberdade: que o pobo de Francia regalou ao pobo americano. É obra de Frederic-Auguste Bartholdi.



Ou este que simboliza a PAZ: e que o escultor sueco Carl F. Reustersward realizou en memoria do cantante Jonh Lennon.


Ou a estatua de ATLAS 
suxeitando o mundo diante do Rockefeller Center. Realizada por Lee Lawrie.

De NOVA YORK impresionan os seus incribles rañaceos (rascacielos en castellano ou skycraper in english)
e moitos edificios característicos desta cidade.


A NOVA YORK ten un alcume moi natural.¿Sabes como a chaman? A GRAN MAZÁ.


A chaman así por que os músicos de Jazz nos anos 30, dicían que na árbore do éxito había moitas mazás,
 pero sólo unha era a gran mazá: NOVA YORK, que era o maior centro de cultura e festas nese momento. Porén tamén dicían dela que era a cidade que nunca durme. Sempre hai unha troula que correr...


¿Queres ver un vídeo desta estupenda cidade?
Pois, adiante. Está feito dende o CRA con imaxes collidas na Internet. 
Logo che contaremos máis cousas dela...




O Aeroporto chámase  AEROPORTO JFK ( John Fitzgerald Kennedy)  na honra dun presidente que se chamaba así.




         Os taxis en NOVA YORK teñen unha cor moi rechamante como xa viches, é amarela ou yellow como lle din eles. 
          Por iso os chaman os YELLOW CAB:

    Antes de rematar esta pequena introdución á cidade dos rañaceos de seguro que queres xogar un pouquiño, non só nas tendas de xoguetes...            


 senón no blogue...Pois ahí van unhas actividades para facer coa Estatua da Liberdade


Un crebacabezas on line:

Cambiarlle o vestido:


Ollar como se constrúe con LEGOs


Atoparlle as letras ocultas


 ou coloreala.


 Por último podes acompañar a unha verdadeira visita a esta rapaciña que se chama Olivia...


WELCOME TO USA!!!
WELCOME TO NEW YORK!!!!