jueves, 26 de marzo de 2020

O NOSO MUNDO NON PARA 🌎 !!! O Coronavirus🦠non é un príncipe (nin unha princesa)

O mundo non para, seguimos aprendendo, comendo, xogando e rindo.
 Ainda que non tod@s estemos tan estupendamente e poda que algúns non nos atopemos ben.
Ás veces non hai xeito doado de explicar cómo nos sentimos as persoas deste PLANETA 🌎con todo este lío do CORONAVIRUS🦠



 Para axudarte a comprendelo naceu este conto tan chulo e ben ilustrado. Nel atoparás cousas que igual ti xa estás vivindo na túa casa.
A autora é  MARÍA COCO

Maria Coco Hernando
 e  a fabulosa ilustradora SARA RAMIREZ

Dibujos. La ilustradora riojana Sara Ramírez posa con una tablet con el cuento abierto/ . S.R.
Sara Ramirez, ilustradora do conto.

Bótalle unha ollada, porque É PRECIOSO e ademáis atopamos a versión en galego.


Soache o que din no conto?
Pois deixámosche unhas fichiñas para que contestes caántas das cousas que saen no conto fas e cantas non.
Apetéceche facelas?
Pois a podes descargar e imprimir ou debuxalas ti mesm@.




 Ogallá che guste!! É un conto xenial.

viernes, 20 de marzo de 2020

EN GALEGO CHO PIDO: QUEDA NA CASA!!!

Estas a quedar na casa, non sí? Sabes quen nolo preguntou ademáis do Planeta? 
Pois DALMAUS mesmo!!
 Agora che contamos. A ver se notas a diferencia coa entrada pasada..




Non o ves? Claro que sí!! Está en GALEGO!!
O caso foi que nos puxemos en contacto co ilustrador e creador do conto para lle pedir permiso para poñelo no noso blogue. É  o que se chama "respectar os dereitos de autor". Ofrecímonos a traducilo ao galego pero xa estaban mans á obra e..  non so nos deu permiso, senon que nos enviou a versión en galego!!!!
Quérelo ver outra vez en movemento?



Se queres velo en estático aquí o volvemos subir...






LEMBRA
MOITO OLLO!!
 As seguintes páxinas son só para cando toda esta leria pase NON FAGAMOS TRAMPAS...😇



Xa sabedes que conto está preparado para descargar, imprimir e colorear na casa.
 Podes leelo aquí e descargalo PDF aquí mesmo ou na web do autor , xa que é de balde.
GRAZAS infinitas a xente que colabora para facernos sacar un sorriso e ademáis con tantísima arte.
Mil grazas por todo Dalmaus!!


FORZA 🌈💪!!

miércoles, 18 de marzo de 2020

O PLANETA NECESITA QUE QUEDES NA CASA!!

Este mundo enteiro necesita de nós unha misión importantísima.
Seguramente a máis importante das que fixeches ata o de agora.
TES QUE QUEDAR NA CASA para salvarnos a tod@s!! 
Sí, como fan as SUPERHEROINAS e os SUPERHEROIS!!


Esta historia tan chula e ben ilustrada está feita toooda por DALMAUS que é un ilustrador e debuxante a tempo libre de Barcelona e o fai xenial!!
Podes velo así ou premer no medio da icona para abrilo en grande no ISSUU.

Pois agora que tes tempo, tomao con calma, e lee de novo este conto solidario que comeza así:



MOITO OLLO!!
 As seguintes páxinas son só para cando toda esta leria pase NON FAGAMOS TRAMPAS...😇


O conto está preparado para descargar, imprimir e colorear na casa.
 Podes leelo aquí e descargalo PDF aquí mesmo ou na web do autor , xa que é de balde.
GRAZAS infinitas a xente que colabora para facernos sacar un sorriso ce con tanto arte.
 Grazas, Dalmaus!!