lunes, 8 de abril de 2013

Cleopatra, amiguiña. Visitamos...EXIPTO

Esta nosa MADLENKA segue de viaxe, alonxándose cada vez máis do noso pais. 
¿Queres saber cara ónde vai agora?
 Pois a un lugar cheo de misterio, maxia, historia e moitíiisima area.
É o fabulosísimo EXIPTO.

Xa sabes que podes facer o crebacabezas premendo na bandeira animada...

¿ Que aínda non sabes ben ónde queda EXIPTO?
Olla o mapa que ven deseguido e verás o camiño que hai que percorrer para chegar dende aquí ata aló...


EXIPTO está en ÁFRICA, que é un Continente cheo de animais, persoas, costumes, prantas, climas, paisaxes moi, moi diferentes aos nosos que somos europeos. 

Cleopatra, a amiguiña de MADLENKA ven de aló tan lonxe... e ten o nome dunha raiña exipcia moi especial.


En ÁFRICA teñen tamén o segundo río máis longo do mundo. 
  É o río NILO.
Vede que looooongo é...
Grazas a el xurdíu a civilización exipcia.
¡¡¡E ten CROCODILOS e todo!!!



EXIPTO  xurdíu na beira das augas do NILO vai moitíiiiisimos anos.Verás de que xeito tan sinxelo o explican neste vídeo tan ben feitiño:


¿ Queres máis cousas sobre EXIPTO e os seus habitantes? 
Pois aló imos...
Os exipcios falan o ÁRABE EXIPCIO que é unha lígua moi complexa
¿ Queres saber cómo soa o exipcio actual?
Preme nesta imaxe e verás como falan...



Antes en EXIPTO  falaban o EXIPCIO CLÁSICO.
O máis curioso do seu idioma era a escritura. 
¿ Sabías que os exipcios escribían en XEROGLÍFICOS


Eran uns signos moi curiosos que se grababan nas pedras o nunha especie de papel feito con plantas que era o PAPIRO.

Despois de remollalo, aplastalo e prensalo creaban con él unha pasta de  febras así de chulas...


Os ESCRIBAS encargábanse de escribilo e debuxalo. Traballaban sentados e eran moi coidadosos.
Esta estatua de escriba está agora no museo do Louvre.

Así de fermosos facían os seus escritos...


Agora xa non hai escribas como os de antes, pero nos atopamos un xeito de poñer O MUNDO ENTEIRO en xeroglífico. 
¿Queres velo?


Pois se queres poñer o teu nome en Xeroglífico Exipcio velahí van catro sitios onde facelo. 
¡¡Valo pasar xenial!!






¿Queres ler libros chulos sobre  EXIPTO
Na imaxe atoparás un enlace con alguns deles.



Pero de seguro que estás desexando ver un pouquiño deste pais tan exótico. Imos aló, cun vídeo estupendo de TINA Y LOS FIELTRONITOS, verás que ben nos contan as cousas máis turísticas de EXIPTO



Pode que che queden ganas de visitar máis tempo EXIPTO e de seguro que o vas poder facer vendo os MUSEOS e as Antigüedades da súa Historia que se conservan no Blogue PINTUREIRO e tamén desfrutando de xogos, contos e actividades no blogue de Tics do CRA (en breve)

Mais antes de sair olla este vídeo dunha chave misteriosa que oculta os segredos da pirámide. 
Se tes paciencia poderás xogar tamén con él.
Verás que che vai a encantar.



Por se queres facer a túa propia pirámide debuxamos esta para que colorees, recortes, dobres e pegues...mellor en DIN-A3 que é maís grande e doado de dobrar. 


 
Pero de prefires que xa che veña con cor éste modelo é ben xeitosiño...


Pódeche quedar así... 



¿Gustouche a viaxe? 
Pois saudiños...en Exipcio,
 iso sí...

¡¡Ma´a ElSalama!!