Mostrando entradas con la etiqueta ÁFRICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ÁFRICA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de junio de 2014

TEÑO MORRIÑA, TEÑO SAUDADE...Voltamos a casa.

Dous anos viaxando polo mundo e aprendendo outros costumes, tradicións, linguaxes, culturas, aprendendo a respetar e comprender as diferencias e a ser tolerante ...
Pero xa din os nosos maiores:
"Como na casa non se está en ningures" 
Por iso xa estamos de volta...


Foi unha apaixoante viaxe para todos nós, nenos, profes e agardamos que familias tamén.
Para lembrar esta inesquecible estadía polo mundo enteiro fixemos este documento onde recollemos algúns dos momentos estelares da nosa aventura.
Apetéceche rememoralos connosco?


Canto nos movimos, verdade? 
Cantísimo aprendimos e rimos!!.
Non temos pena de rematar este proxecto, non.
Non penses que a nosa viaxe polo Mundo Enteiro vai rematar aquí. Novas experiencias neste noso planeta azul agardan por nós, e por tí tamén se queres acompañarnos.
 Só un tempiño de acougo e ...voltamos á aventura.
Grazas pola túa compaña, e...
 ¡¡APERTAS dende o CRA de BERGONDO!!



viernes, 31 de mayo de 2013

Vivamos África. Visitamos...KENIA

A última parada deste curso semella quedar moi preto. Viaxamos tanto nestes meses que apetece parar e quedar a coñecer un pouquiño máis as terras de ÁFRICA
Eso sí, baixamos un anaquiño máis cara o sur, ata KENIA, un fermoso país con paisaxes e animales incríbles!!!! 


Xa sabes que podes facer clic na bandeira e ir ata o puzzle
Un pouquiño de África o atoparás neste slide titulado Africa  de azulsuenadulce nel verás tribus e animais propios de KENIA entroutros países.

Se queres chegar a KENIA dende onde vivimos éste é camiño:
Neste país atopamos moitos parques naturais. Son lugares onde os animais viven en liberdade e onde se tenta conservalos e protexelos.
 A eles e tamén á súa contorna...
Viaxamos a través das imaxes por KENIA.
Nela podemos  atopar cousas tan chulas como estas:

Saberás máis se lle botas unha ollada rapidiño a éste vídeo curto...


    Agora que xa sabes tanto sobre Kenia sabes distinguir a sabana doutras paisaxes, ou non? Bueno, por se as dúbidas aquí tes este slideshare de convipe
Un repaso aos animais neste vídeo para os màis pequenos...


 ¿ Queres saber por qué as cebras e alguns paxaros son tan amigos? 
É por algo que se chama SIMBIOSE.
 ¿ Que qué é iso? 
Pois olla este conto e o saberás..
Aquí temos outro vídeo curtiño doutro animal, este é un verdadeiro rey. 
¿O coñeces?

Non podemos esquecer ao REI da SELVA, pero shhhhhh!!!, garda silencio que agora esta piques de durmir. 
¿ Non o cres? 
Mira, mira...o vídeo que fixemos para tí...
Non nos imos esquecer, claro está, de SIMBA, o león favorito de xa van moitas xeracións...
Así o coñecimos cando naceu... 
E comezou de novo o ciclo da vida.

Un futuro rei canta así, máis ou menos...

O conto de Simba é moi chulo, pero o noso contacontos africano que tamén é moi divertido e cantareiro. 
Escoita, escoita...

HAKUNA MATATA é a canción que os nosos tres amigos van cantar: 
O león (Simba), o suricato (Timón) e o facócero
 (Pumba)...

Se queres coñecer máis cousas especiais sobre moitos animais preme nesta imaxe.

Nas tribus e poboados de África teñen unha lenda moi chula de dous animais que non paraban de amolar... 
¿ Queres coñecela?


Puff, un pouquichiño pesados e ruidosos sí son ás veces, sí...pero agora que xa sabemos dicir HAKUNA MATATA non teremos problema ningún, non é?
Antes de te ir a outros blogues do CRA xoga un pouquiño connosco.
 ¿Qué tal unha voltiña pola selva e a sabana?
Pois ¡¡marchando unha de aventuras!! e xa sabes que se non gañas...
HAKUNA MATATA, que outra vez será..

Proba con moitos xogos de animais..


Decora o teu animal favorito...



Atopa as letras:

Proba punteira..





Colorea 


lunes, 8 de abril de 2013

Cleopatra, amiguiña. Visitamos...EXIPTO

Esta nosa MADLENKA segue de viaxe, alonxándose cada vez máis do noso pais. 
¿Queres saber cara ónde vai agora?
 Pois a un lugar cheo de misterio, maxia, historia e moitíiisima area.
É o fabulosísimo EXIPTO.

Xa sabes que podes facer o crebacabezas premendo na bandeira animada...

¿ Que aínda non sabes ben ónde queda EXIPTO?
Olla o mapa que ven deseguido e verás o camiño que hai que percorrer para chegar dende aquí ata aló...


EXIPTO está en ÁFRICA, que é un Continente cheo de animais, persoas, costumes, prantas, climas, paisaxes moi, moi diferentes aos nosos que somos europeos. 

Cleopatra, a amiguiña de MADLENKA ven de aló tan lonxe... e ten o nome dunha raiña exipcia moi especial.


En ÁFRICA teñen tamén o segundo río máis longo do mundo. 
  É o río NILO.
Vede que looooongo é...
Grazas a el xurdíu a civilización exipcia.
¡¡¡E ten CROCODILOS e todo!!!



EXIPTO  xurdíu na beira das augas do NILO vai moitíiiiisimos anos.Verás de que xeito tan sinxelo o explican neste vídeo tan ben feitiño:


¿ Queres máis cousas sobre EXIPTO e os seus habitantes? 
Pois aló imos...
Os exipcios falan o ÁRABE EXIPCIO que é unha lígua moi complexa
¿ Queres saber cómo soa o exipcio actual?
Preme nesta imaxe e verás como falan...



Antes en EXIPTO  falaban o EXIPCIO CLÁSICO.
O máis curioso do seu idioma era a escritura. 
¿ Sabías que os exipcios escribían en XEROGLÍFICOS


Eran uns signos moi curiosos que se grababan nas pedras o nunha especie de papel feito con plantas que era o PAPIRO.

Despois de remollalo, aplastalo e prensalo creaban con él unha pasta de  febras así de chulas...


Os ESCRIBAS encargábanse de escribilo e debuxalo. Traballaban sentados e eran moi coidadosos.
Esta estatua de escriba está agora no museo do Louvre.

Así de fermosos facían os seus escritos...


Agora xa non hai escribas como os de antes, pero nos atopamos un xeito de poñer O MUNDO ENTEIRO en xeroglífico. 
¿Queres velo?


Pois se queres poñer o teu nome en Xeroglífico Exipcio velahí van catro sitios onde facelo. 
¡¡Valo pasar xenial!!






¿Queres ler libros chulos sobre  EXIPTO
Na imaxe atoparás un enlace con alguns deles.



Pero de seguro que estás desexando ver un pouquiño deste pais tan exótico. Imos aló, cun vídeo estupendo de TINA Y LOS FIELTRONITOS, verás que ben nos contan as cousas máis turísticas de EXIPTO



Pode que che queden ganas de visitar máis tempo EXIPTO e de seguro que o vas poder facer vendo os MUSEOS e as Antigüedades da súa Historia que se conservan no Blogue PINTUREIRO e tamén desfrutando de xogos, contos e actividades no blogue de Tics do CRA (en breve)

Mais antes de sair olla este vídeo dunha chave misteriosa que oculta os segredos da pirámide. 
Se tes paciencia poderás xogar tamén con él.
Verás que che vai a encantar.



Por se queres facer a túa propia pirámide debuxamos esta para que colorees, recortes, dobres e pegues...mellor en DIN-A3 que é maís grande e doado de dobrar. 


 
Pero de prefires que xa che veña con cor éste modelo é ben xeitosiño...


Pódeche quedar así... 



¿Gustouche a viaxe? 
Pois saudiños...en Exipcio,
 iso sí...

¡¡Ma´a ElSalama!!