domingo, 9 de noviembre de 2014

A CORUÑA...TÚA CASA, O TEU MUSEO.

A Cidade de A CORUÑA  coñécese como a "Cidade na que ninguén é forasteiro" e máis dende que fixeron CASAS para calquera interese: temos casa das CIENCIAS, do HOME e ata casa dos PEIXES... 
 Nesta semana do 8 ao 16 de novembro, ademáis as casas están máis abertas para todos que nunca: os tres MUSEOS CIENTÍFICOS, están de portas abertas. É a semana da CIENCIA, así que a entrada é de balde...
e  cun horario moi amplo, por se queres ir visitalos...
Pero, por se che queda lonxe ou non podes velos nestes días, será mellor que chos amosemos un pouquiño.
Ésta é a CASA das CIENCIAS
Fai un crebacabezas supersinxelo de 4 pezas premendo na imaxe superior.
CASA das CIENCIAS é un museo científico superdivertido. 
Queres visitala por fora? 
Adiante, preme na imaxe e estarás ao seu pe.
Pero non sexas tímid@ e pasa, pasa dentro...
Nela podes ver, tocar, escoitar e gozar da ciencia ...
 Quérelo comprobar?
Se queres podes ver todos os vídeos premendo no seu logo:
 CASA das CIENCIAS tamén se lle coñece polo seu estupendísimo PLANETARIO.
Un planetario é un lugar adicado á presentación de espectáculos astronómicos no que se poden observar recreacións do ceo nocturno de diversos lugares da Terra en diferentes momentos do ano.

Posúe unha pantalla de proxeción en forma de cúpula e un proxector planetario móvil capaz de proxectar as posicións das estrelas e planetas. Podes ver que está cheo de asentos para poder gozar do ceo.

Nel poderás observar aínda máis cousas que as estrelas e as galaxias.
É moi chulo, verdade?
Este é un vídeo feito polos mc2 titulado
no que mesturan ciencia e arte, e comeza cun cadro que xa te soará, non si?
Sí, claro que era a Noite Estrelada de Van Gogh que xa viramos no Pintureiro  vai tempo. Se premes na palabra coloreada poderás ir á entrada e xogar no museos que o ten agora. 
Pero se o que queres é dispor das estrelas no teu móbil ou no ordenador, saber cómo se chaman as que ves ou buscar unha determinada,  recomendámosche unha aplicación gratis moi, moi chula: a STELLARIUM, que sirve para cáseque calquera dispositivo e sistema operativo. 
Para xogar e aprender dende aquí mismo, preme na imaxe de abaixo. Pide axuda a un maior para que cha lea se aínda non estás seguro de poder facelo por ti mesm@.
É incrible!!
Xenial, non si?
Mais baixemos das nubes e vaiamos cara o planeta Terra a descubrir outra das casas-museos científicos de A CORUÑA 
Invitámosche a coñecer a fabulosísima
CASA do HOME tamén chamada DOMUS
É o primeiro museo científico adicado ao ser humano. 
Este crebacabezas ten 6 pezas, o podes resolver premendo na imaxe.
É un edificio superchulo que está realizado por dous arquitectos; un xaponés e outro galego: ARATA ISOZAKI e CÉSAR PORTELA.
 O propio Portela ten cousas fantásticas del na súa páxina web.
Se queres saber máis desta obra de arquitectura espectacular, preme na maqueta de abaixo.
DOMUS semella unha vela henchida de aire para navegar cos fortes ventos que temos nas praias da cidade.
Que che parece se a visitamos panorámicamente?
Preme na imaxe de abaixo e goza das vistas...
Para defendela temos un guerreiro, un soldado romano moi fachendoso que realizou un grande escultor colombiano, o xenial Fernando Botero do que podes var máis obras no PINTUREIRO.
O pobre soldado de cando en vez semella ter moito frío, así que no 2012 artes@s da Coruña lle fixeron este "vestidiño ou túnica" tan amañad@.
A esto chámaselle YARN  BOMBING
Se premes na foto che amosan cómo o fixeron e a páxina de yarn bombing na Coruña.
Olla o vídeo da montaxe:

Case que co frío que vai temos aínda máis ganas de entrar. E isto é o que imos atopar dentro da DOMUS:
Cantísimas cousas ten, verdade?
Mira cómo é por dentro. Cunha visita rapidiña primeiro...

e despois cunha máis longa. 
Chula, chula a CASA do HOME...todos o din.

Como non podemos traballar taaaantas cousas como hai aló dentro ímos ter un pouquiño de sentido e centrarnos só nunha cousa. Que che parece se falamos de sentidos un anaquiño, vale?
Para cando vais de visita á DOMUS xa saberás moito dos sentidos, queres practicar cuns xogos para aprendelo mellor? Pois adiante.
Este tamén é chulo!!

Xa fomos polo ceo co PLANETARIO, pola terra coa DOMUS e agora nos queda a última casa, a do mar:
Este crebacabezas tamén ten 6 pezas, e o podes resolver premendo na imaxe
CASA dos PEIXES está preto da TORRE de HÉRCULES da que xa falaramos na entrada anterior. Neste AQUARIUM conviven focas, peixes e moitos máis animais e seres vivos, con exposicións variadas e xogos... Na súa porta danos a benvida un peixe ben curioso:
É obra dun artista coruñés moi especial e divertido: Jorge Peteiro, que nos deixou obras moi alegres e máxicas. 
Este é o seu PEIXE SERRA de dúas colas
Para facelo baseouse nunha antiga lenda do ano 946 que conta que uns mariñeiros avistaron tan estrano animal moi preto da Torre .
Pero voltemos ao noso tempo. 
Vexamos cómo é AQUARIUM por dentro (aínda que ten moooito por fora)
O  AQUARIUM ten salas fabulosas que podes visitar mesmiño dende aquí, grazas a rottodigital

Sala MAREMAGNUM
Sala NAUTILUS. 
Se te fixas ben, verás ao tiburón Gastón nadando por entre os demáis animais...
Pero onde máis nos gusta estar cando imos de visita é na piscina das focas, a ver se a ti tamén che gusta...
De seguro que con este vídeo vanche quedar moitas ganas de visitalo...
Antes de rematar a visita e pechar a entrada, seguro que che apetecería xogar un pouquichiño cos peixes e animais que hai no AQUARIUM
Pois proba, proba:
Atopa as diferenzas...
Explora as profundidades
 Tripula o teu propio submarino amarelo...pero coidadiño, non batas coas rochas...
E por último a colorear un pouquiño
Deixámoste con este vídeo tan chulo sobre os peixes. Contarache moitas cousas e te prepará para a visita aos museos científicos !!
Agardámoste para partir contigo na próxima viaxe!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario