lunes, 6 de octubre de 2014

¡¡BENVID@S A BORDO!!

¡¡Benvid@s a esta nova aventura dun curso que comeza aquí, no CRA de Bergondo!!
Estamos desexando contarvos a nova viaxe que imos emprender nestes proximos meses.
 Xa vos adiantaramos que iriamos polo
e iso que será?
Por se o esqueciches, lembra premer na imaxe para resolver o crebacabezas, ;)

O adivinaches!! Seguro que xa sabías que nos estabamos a referir ao noso planeta: a TERRA.

 E é que dende o 1966 na que os astronautas da nave "Géminis 11" viron por primeira vez a Terra dende o espazo sabemos que se nos ve de cor azul. 

É unha marabilla vernos dende o espazo, non sí?
Son sobre todo os mares e océanos que nos rodean os que nos dan esa cor e os gases da atmosfera tamén axudan. 
Olla agora cara abaixo e mira que tan azul é o noso fogar.
Todos eses puntiños que ves son as luces acesas que se espallan polo mundo cando cae a noite. 
Uauuu!!! É moi, moi fermoso...
Por iso e coa axuda da nosa mascota da BIBLIOTECA, o polbo CRISTOVO ímonos embarcar e tentar coñecer este mundo tan enoooorme.
Aproveitaremos tanta auga que nos rodea para partir cara mares lonxanos cos nosos homes e mulleres mariñeir@s. 
Tentaremos visitar os CALADOIROS máis habituaís dos nosos barcos. Esos sitios no medio da auga onde se pescan os peixes que adoitamos ver nas nosas lonxas.
Podes premer na imaxe para resolver o crebacabezas de 8 pezas.

 Queremos aprender todo o que poidamos da aventura, a vida no mar, as especies que poboan o planeta, os costumes doutras costas, a súa alimentación, as lendas, as artes...
Seremos moi coidadosos e respectuosos co mundo mariño, queremos coidalo. 
Que tal se empezamos por facelo dende este pequeno xogo?
Axúdanos a limpar o fondo do mar, e se che sobra tempo aínda lle podes botar unha man a outros habitats...

Agora que xa vai limpo temos tempo de pensar en que transporte che parece que será mellor que vaiamos nesta viaxe? 
Pois claro que sí!! Un barco é o máis axeitado. 

Non o quererás pilotalo tí, verdade? Pois podes facer prácticas antes usando as teclas do ordenador ... 
Antes de zarpar, amarra ben o chaleco salvavidas e procura non te marear, aló imos:
¡¡ A toda máquina, capitan@!! 

Agora que xa sabes o que nos agarda, esperamos por ti moi pronto neste blogue, que leva o alcume de "O MAR ENTEIRO".
Benvid@ ,a nova travesía, amig@.
Agardámoste en breve.

4 comentarios:

  1. Comezamos a viaxe! Un saúdo dos grumetes da Escola de Vixoi!! Grazas Silvia

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a vos por sumarvos a esta viaxe taaaan emocionante.
      Preparadevos para zarpar. Biquiños

      Eliminar
  2. Fenomenal, imos aló, vento en popa e a toda vela, grazas Silvia!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguríiisimo que nos vai encantar a banda sonora que nos vas a aprender, María. Seguro que coas túas aportacións ninguén se vai marear... Alegrámonos de embarcar cara á aventura cos teus sons...

      Eliminar