lunes, 21 de enero de 2013

A XEADERÍA de PAULO. Visitamos...Italia

 MADLENKA  atopa na rúa a Paulo, o seu amigo o xeadeiro Italiano. Así que a nosa visita vainos levar a descubrir a fermosísima ITALIA
A súa Bandeira tamén tres cores:
verde, branca e vermella. 


Poderás resolver o puzzle facendo clic na imaxe.


 ITALIA está preto de nós, tamén pertence a Europa..


Para que o aprecies mellor velahí tes este mapa:
Nós somos os de lunares e Italia ten raias.


O idioma de  ITALIA é o italiano que ten un son moi, moi divertido. ¿ Quérelo escoitar?
Vaia como adianto esta canción tan fermosa que algúns coñeceredes doutros anos no blogue de Tics.



Aquí está a letra por se a queredes cantar...


Visto no blogue de Massimo Penessi ( Gianni Rodari, el poder de la imaginación )

O alfabeto italiano é moi semellante ao noso, neste vídeo verás como se dín as letras en Italiano:



tamén podes aprender nomes de animais cos seus sons:
son moi graciosos, escoita...




Xogar coas letras sempre é divertido, e se é en Italiano máis aínda. Xa verás canto se asemella ao castelán e ao galego...


¿Queredes facer unha visita moi rápida por este pais mediterráneo?
 Pois adiante, veredes qué bonito e monumental é...


Como sempre dámoslle as grazas a MARÍA BARCO e neste caso tamén a SULEIKA polas súas maravillosas fotos.
 E tamén a Miniaturas Ramirez por nos prestar eses gladiadores cabezóns tan chulos. Están baseados nos fabulosos debuxos de 
Enrique V. Vegas.
Se queredes visitar a súa páxina picade no debuxo.
De gladiadores romanos vai esta serie, chamada Academia de Gladiadores.


Aquí temos unha pequena recreación histórica do mundo dos gladiadores. Tamén ten un xogo ao final da animación que é estupenda...



Xa viches ao soldados romanos, qué forma tan curiosa tiñan de prepararse para a loita. No seguinte vídeo podes ver unhas das súas técnicas que mesmo semellan bailes.




Se aínda tes ganas de seguir xogando pódeste apuntar á Maratón de Gladiadores, ¿anímaste?


Dentro das cidades romanas da antigüedade a vida era casi, casi así...



Amig@s, se queres ter un casco como o deste CENTURIÓN romano podelo facer seguindo estas instruccións.
Se queres velo na páxina orixinal preme na imaxe


Mais non todo vai ser historia do imperio romano: xa sabes que no PINTUREIRO podes atopar arte de ITALIA e no blogue de TICS nesta volta atoparás xogos de cociña e máis cousas sobre o pais da bota. E en todos os demáis blogues do CRA de seguro que atopas cousas interesantísimas.

Antes da despedida lembrar que ITALIA e o pais de grandes músicos e da OPERA, un dos xéneros musicais máis apaixoantes, xa que nel mézclanse o teatro e a música.
Algunhas óperas moi chulas feitas como contos están neste enlace.


E aquí tedes un compositor italiano que fixo óperas moi divertidas e ademáis foi un grande cociñeiro. Descobre cousas sobre él neste gloster collido do blogue Ssissimonea. Atoparás puzzles, vídeos, sorpresas e receitas.
Se queres velo máis grande preme baixo a palabra Glogster, onde pon VIEW FULL SIZE ou enriba da bandeira de Italia pendurada á dereita.

A DIVERTIRSE
¡¡¡¡ARRIVEDERCI!!!!

miércoles, 14 de noviembre de 2012

O KIOSKO do SEÑOR SINGH. Visitamos...India.

Nesta volta MADLENKA para na tenda do señor SINGH, o quiosqueiro, e chegamos ata INDIA.
Esta é a súa bandeira e ten tres cores: 
azafrán , blanco e verde.
Xa sabes que se premes nela poderás facer o puzzle. 



No medio leva unha roda superchula que ten 24 radios!!!!!! un por cada hora do día. ¿ a que é curioso?
A INDIA está un pouco lonxe de nós.
Podédelo ver neste mapa. 


No conto de ANTÓN e POMPÓN  e os NENOS DO MUNDO
 do ilustrador galego ANXO FARIÑA
 podemos atopar a unha nena que vive na INDIA, nós a chamamos INDIRA e ista é a súa páxina...


Se che apetece xogar a lle poñer un sari diferente, podes facelo neste xogo tan chulo que atoparon na escola de Silvoso.


¿Viches o que levaba INDIRA na fronte? É unha especie de lunar pintado. Segundo os leven homes ou mulleres ten un nome diferente.
¿Queres coñecelo?
Preme na foto para saber máis.


¿Coñeces ao rapaz que está na dereita da imaxe? Pois é MOGWLI, do libro 
Walt Disney fixo unha película moi famosa sobre este libro e nela podemos ver animais que viven na india e bailar con eles...Anímate!!!
A marcha dos elefantes...


E a festa dos monos...


Na selva está ese templo tan chulo onde viven o rei LOUIE e os seus amigos, 
pero INDIA ten palacios marabillosos como o 
TAJ MAHAL, 
que é preciosísimo.


 Se queres pintalo preme aquí.



Para saber máis sobre INDIA podes ver esta presentación tan chula que fixeron no CEIP San Félix de Asturias.


Se queres facer unha viaxe rapidiña pola INDIA coas fotos que nos emprestou MARÍA BARCO ( grazas de novo, María) podes facelo vendo este vídeo feito dende o CRA.



¿Viches as dúas festas tan curiosas que teñen?
Falaremos do 
HAPPY HOLI



Como é mellor velo que contalo, vede que ben o pasan lanzándose auga e cores para desexarse sorte na primavera...



Outra festa chulísima é a dos Elefantes que de seguro que te chamou a atención.
Se queres ver o que lle aconteceu a unha elefanta de moi, moi mala memoria, só tes que ver o vídeo de VIPO


Non esquezas xogar cos novos xogos da banda lateral esquerda, hai cousas moi chulas sobre India ( lembra que está en ASIA) . 
No blogue de PINTUREIRO atoparas xogos sobre MANDALAS
 e no de TICs máis cine e xogos .

miércoles, 17 de octubre de 2012

A PANADERÍA DE GASTÓN. Visitamos...Francia.

Con MADLENKA visitando a Gastón, o panadeiro, chegamos a FRANCIA.
Ésta é a súa bandeira, e agochado dentro hai un puzzle por se o queres resolver.


En Francia hablan o FRANCÉS, que é moi divertido de escoitar. Seguro que lembras a Gaston saúdando a MADLENKA cun 
"Bonjour, Madeleine".
Escóitao neste vídeo:




Viaxando fanse amigos, e aquí vos presento a RATOUNET que nos quere aprender a saudar. 


Temos moitos sons semellantes aos franceses. Podes comprobalo ollando o vídeo do abecedario. Presta atención ás palabras que dín, é moi divertido.


Neste outro abecedario podes xogar coas letras...



Se queres aprender palabriñas en Francés neste castelo atoparás moitísimas e moi animadas, verás...


Na páxina de poisson rouge atoparás tamén unha chea de cancións coas que xogar e interactuar:


 Dirixe tí o coro desta coñecida canción popular francesa:


Se o que che gustan son os vídeos de cancións populares aquí tes tres moi chulos...





Para traballar en formato papel temos unhas fichas  adicadas especialmente á panadería de Gaston. 
As podes imprimir se lle das ao símbolo no lateral superior dereito.

sábado, 13 de octubre de 2012

PERCORREMOS O MUNDO

¡¡BENVID@S Á NOVA AVENTURA DO CRA DE BERGONDO!!
Ao longo deste curso imos viaxar a través do mundo enteiro para coñecer diversas culturas, xentes, artes e xeitos de pensar e vivir. 


¿ Anímaste a coller a maleta e vir connosco?
Pois adiante...imos rumbo á aventura.


O noso primeiro destino é PARIS...
¡¡Bon voyage!!